93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social

O 25,8 % da infancia galega vive en risco de pobreza e/ou exclusión social, afectando a 93.400 nenos/as e adolescentes. A pobreza severa incrementouse ao 10,3 %, a pesar de que Galicia mantén cifras inferiores á media nacional. A Plataforma de Organizacións de Infancia pide medidas urxentes para reducir esta situación.

Medidas urxentes para mellorar o benestar da infancia galega

Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia. Ampliar a lexislación existente implicaría a mellora do marco normativo sobre protección da infancia na comunidade a través dun consenso e participación de todos os sectores.

Sistematización conclusións «Dereitos da infancia: aprenden e participan nos seus dereitos 2023»

A través de este documento sistematizador, trasládanse as aportacións recibidas no proxecto «Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos» financiado pola Xunta, mediante o proceso participativo polos dereitos da infancia deste ano 2023 baixo o lema «Infancia e Pobreza», para dar a coñecer e impulsar as demandas dos grupos de participantes relacionadas cos seus dereitos.

Propostas de Infancia: eleccións autonómicas 2024

O grupo de traballo de incidencia da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia elaborou este documento de propostas de cara ás próximas eleccións autonómicas, co obxectivo de que os partidos políticos as teñen en conta e melloren a través delas os dereitos da infancia e adolescencia galega.

Falar de adopción, tamén cando é difícil

Trátase dunha guía desenvolta polo Grupo AFIN dá Universidade Autónoma de Barcelona, impulsada pola Federación de Asociacións CORA e a Asociación ARFACYL.
Tenta ser un instrumento de axuda para as familias que facilite o diálogo cos seus fillos/as cando pretendan falar sobre temas relativos á filiación adoptiva, indicando cando e como poden abordarse; así como ofrecendo pautas, trucos e consellos.

Da protección á inclusión: As persoas con experiencias de adopción, acollemento familiar e residencial nos centros educativos

Este manual foi desenvolto no contexto do proxecto “BRIGTHER FUTURE: Innovative tools for developing full potential after early adversity”, cuxo equipo de traballo está integrado polas seguintes entidades: Comune dei Torino (Italia), CORA (España), PAC UK/ Family Action (Reino Unido), Pharos Expertise Center on Health Disparities (Holanda), Universitat Autònoma de Barcelona (España), Università dei Verona (Italia) e University of Groningen (Holanda).

A infancia: unha prioridade para as axendas locais

Ante as próximas eleccións municipais o 28 de maio, os partidos políticos non poden obviar á infancia nos seus compromisos. Por iso, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia presenta 33 propostas de política local que todos os partidos políticos deberían considerar como un compromiso cos nenos, nenas e adolescentes, tendno en conta que se debe de integrar a perspectiva de equidade en todas as políticas, para que todas as NNA crezan nunha sociedade máis xusta e cohesionada que diminúa a brecha existente.

Sistematización conclusións “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”

Queremos a través de este documento sistematizador, trasladar as aportacións recibidas no proceso participativo polos dereitos da infancia deste ano 2022, o cal realizouse baixo o lema “Participamos: é o noso dereito!”, para que sirva como altavoz, coñecemento e impulso a todas as demandas dos grupos de participantes.

Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección

Nos últimos tempos existe unha crecente aparición de nenos, nenas e adolescentes (NNA) do sistema de protección con sintomatoloxía relacionada con problemas na saúde mental.
Neste senso, as entidades da POIG localizan as seguintes carencias propoñendo melloras para o seu benestar en saúde mental e emocional.

Razóns para unha lei de infancia en Galicia

As 35 entidades de infancia que conforman a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia avogan pola necesaria lei de infancia na comunidade, desgregando en 11 as razóns polas que a súa realización melloraría o benestar e os dereitos de todos os nenos e nenas galegos.

Resumo: Os dereitos da infancia en Galicia

Trátase do resumo do informe realizado polas 35 entidades membro da POIG en novembro do 2021, que pretende centrar os esforzos cun diagnóstico sucinto da situación da infancia e adolescencia en Galicia.

Os dereitos da infancia en Galicia

Trátase dun informe realizado polas 35 entidades membro da POIG que pretende ser un diagnóstico da situación da infancia e adolescencia en Galicia.

Informe Final ColeSeguro: “O investimento adicional en educación para a adaptación ao contexto COVID-19 en Galicia: análise do curso 2020/2021”

Nel analízase o investimento adicional realizado pola Comunidade Autónoma de Galicia para garantir o dereito á educación durante o curso 2020/2021 e recóllense os datos dunha enquisa demoscópica realizada para coñecer a percepción das familias.

Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021

Presentación dos resultados do Proxecto Cole Seguro en Galicia, realizado pola Plataforma de Infancia e Political Watch co apoio da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. Analízase o investimento realizado para garantir a educación a cargo dos Fondos COVID-19 estatais, as medidas de seguridade fronte ao COVID-19 impostas nos centros educativos e a percepción cidadá sobre as mesmas.

Onde todo empeza – Educación infantil de 0 a 3 anos para igualar oportunidades

España enfronta dous grandes retos: as desigualdades e a baixa natalidade. A desigualdade social –que se reflicte na distribución dos ingresos e nas altas taxas de pobreza infantil– tradúcese ademais en desigualdade de oportunidades, nunha trampa interxeracional inxusta e prexudicial para a nosa economía e a nosa convivencia.

Resultados sobre a enquisa de hábitos saudables

A enquisa plantea coñecer os hábitos saudables dentro dos grupos scouts, de forma que detecta as debilidades e fortalezas de nenos, nenas e adolescentes, así como do voluntariado en canto a hábitos de exercicio físico e deporte, alimentación saudable, educación afectiva, educación viaria e prevención de adiccións.

A infancia en Galicia

A recompilación de datos realizada por UNICEF tivo en conta o disposto na Convención sobre os Dereitos do Neno, as Observacións Finais do Comité dos Dereitos do Neno a España (2018) e as Observacións Xerais que este Comité elabora para profundar no cumprimento de certos dereitos, ademais dos tres informes sobre a situación da infancia en España de UNICEF Comité Español.

Propostas NEXT EDUCATION: a equidade educativa no plan de recuperación.

Como resposta á crise da COVID-19 a Unión Europea articulou en xullo de 2020 o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, un instrumento de apoio financeiro aos Estados membros para aumentar os investimentos públicos e as reformas nos próximos anos para facer fronte aos efectos económicos e sociais da pandemia.

Guía para a prevención e sensibilización das adicións desde o ocio e o tempo libre.

ASDE España pon sobre a mesa cales son os factores individuais, ambientais e da propia substancia que poden derivar nunha adicción; en que se parecen e diferencian a dependencia e a adicción; cales son os factores de risco e cales os de protección; e compartimos tamén as tres mellores prácticas que entregaron quen fixo a nosa formación online “Nuevas adiciones y uso responsable de las TIC” (2ª edición).

Análise da Enquisa sobre Condicións de Vida desde a Perspectiva da Infancia

A Plataforma de Infancia pretende realizar unha análise preliminar dos datos actualizados da ECV na súa edición de 2019 publicada no 21 de xuño de 2020 referentes aos fogares con menores e as persoas de menos de 18 anos para facer unha avaliación da situación dos nenos, nenas e adolescentes en España desde a perspectiva de dereitos da infancia.

Facer efectivos os dereitos do neno mediante un entorno saudable: Informe da Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.

Este informe preséntase en cumprimento da resolución 40/14 do Consello de Dereitos Humanos, na que o Consello solicitou á Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos que preparase un informe sobre o tema de facer efectivos os dereitos do neno mediante unha contorna saudable.

Familias en risco: análise da situación das familias nos fogares con fillos e fillas en España

É preciso coñecer que tipo de fogares atópanse nesa situación e adaptar ditas políticas ás características concretas destes fogares.
Para iso, realizamos un perfilado estatístico dos fogares en risco de pobreza en base ás variables que os caracterizan. A análise céntrase en identificar grupos homoxéneos de fogares con nenos e nenas en España para logo analizar as principais características de cada un.

Informe 2019: A infancia vulnerable nos medios de comunicación

O obxectivo é analizar o tratamento que deron os medios de comunicación nacionais ao neno e os seus familiares, e se se tiveron en conta tanto os consellos do código ético como as peticións expresas que a familia fixo aos xornalistas para que os respectasen, tanto a eles como ao seu fillo, nas informacións sobre o proceso.

Nenos e nenas migrantes non acompañados – «Más allá de la supervivencia»

O documento persegue propoñer un modelo de intervención integrativo para o coidado e protección de nenos e nenas non acompañados e separados que viven na rúa, proporcionando exemplos de prácticas positivas en varios países europeos, e propoñendo a construción dunha nova narrativa con e sobre eles.

Guía para o uso seguro das tecnoloxías e comunicacións interpersonais durante a ainfancia e adolescencia

Esta guía ten tamén o obxectivo da prevención e identificación e apoio de situacións de violencia que poden aparecer en calquera tipo de relación, tamén entre nenos/as ou adolescentes. Situacións a erradicar como o abuso sexual, o ciberacoso ou a violencia de xénero e que, a través das tecnoloxías da información e comunicación resultan máis difíciles de detectar e abordar.

Os bolechas pola Igualdade

O obxectivo dos materiais (libro, caderno e unidade didáctica) realizados pola Xunta é a de introducir a igualdade entre mulleres e homes desde a infancia a través duns personaxes que coñecen ben nenas e nenos e dun recurso esencial para estas idades: a lectura dun conto dos Bolechas que pode ler unha persoa adulta ou a propia nena ou neno.

Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno

A Plataforma de Infancia realizou con motivo do 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, una sistematización onde se recollen todas as aportacións realizadas polos menos, nenas e adolescentes que realizaron as actividades do Proceso Participativo polo Día da Infancia 2019.

Estado Mundial da Infancia 2019: Nenos, alimentos e nutrición.

O presente informe expón o estado mundial na infancia en temas tan relevantes coma a alimentación e nutrición, xa que moitos menos, nenas e adolescentes non están a recibir a alimentación que precisan, socavando a súa capacidade para crecer, desenvolverse e aprender ao máximo das súas posibilidades.

Informe Small Voices Big Dreams 2019: A violencia contra a infancia explicada por nenas e nenos

Entender todas as dimensións da violencia contra os nenos e as nenas é fundamental para crear un mundo no que vivan libres de violencia.
Cerca de 5.500 niños y nenas en 15 países revelan su propia percepción sobre las diferentes dimensiones de la violencia contra la infancia.

O futuro do modelo dos educadores e educadoras de rúa

Entendemos a Educación de Rúa como proceso educativo cunha estratexia de intervención social, e ten unha función preventiva. Os programas de Educación de Rúa parten dunha análise da realidade do barrio ou poboación onde se asintan.

Guía de boas prácticas: Comisión de Inclusión e Non Discriminación

A estratexia para alcanzar a inclusión dos menores pertencentes a estes contextos pasa necesariamente por unha educación de calidade que os achegue a un desenvolvemento humano, social e económico real.

Pequenos vacíos, Grandes Brechas: como os gobernos permiten que a violencia contra a nenez persista

O informe identifica onde os gobernos individuais e a comunidade internacional, no seu conxunto, deben ser máis ambiciosos para habilitar a lexislación, ademais de estratexias eficientes e efectivas para protexer a un número alarmante de nenos contra danos.

Unidade didáctica “A violencia de Xénero dille non”

O obxectivo xeral desta unidade é a de facilitar a labor do profesorado da mocidade de 3º e 4º de Educación Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato mediante a sensibilización e identificación das principais manifestacións da violencia de xénero.

VIII Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España

O VIII Informe FOESSA dá conta da saída da Gran Recesión e dos “modos” que empregamos. Un modelo de saída que nos dividiu en tres grandes núcleos. A sociedade estancada, que xa se atopaba así antes da crise e que continúa hoxe no mesmo lugar. A sociedade insegura, que cando mira á anterior vese preto pero distinta.

Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias

Trátase dunha guía publicada anualmente polo ministerio co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestación, beneficios e servizos que teñen a súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.

ÉRASE UNHA VOZ: que pensan os nenos sobre a violencia?

No presente estudo preto de 1000 nenos e nenas dan a súa opinión sobre a violencia exercida contra eles. E non só contestáron, senón que tamén axudaron á elaboración do cuestionario. Porque é a súa voz e a súa opinión o que importa.

Estratexia Nacional de Prevención e Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social 2019-2023

A Estratexia Nacional de Prevención e Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social responde o compromiso do Goberno de España coa cohesión e o progreso social, dando a cobertura adecuada ás necesidades da cidadanía e prestando especial atención ás persoas máis vulnerables en situación de pobreza ou exclusión social.

Guía para docentes que teñen un neno ou unha nena con cardiopatía na aula

A nova edición desta guía resolve os principais interrogantes do profesorado sobre a atención e os coidados especiais que un alumno ou unha alumna con cardiopatía conxénita pode necesitar, á vez que propón ideas para favorecer que vivan a súa escolaridade con normalidade e coa máxima integración posible.

Guía de uso seguro e responsable de internet para profesionais de servizos de protección á infancia

Esta guía ten por obxecto dar soporte aos profesionais de servizos de protección á infancia na promoción do uso seguro e responsable da internet polos menores de idade, mediante o asesoramento na prevención e actuación ante problemáticas reais e concretas, e a mellora na adaptación dos principios básicos de ciberseguridad nas institucións de protección das persoas menores de idade.

Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia

Este infome expón os resultados da enquisa sobre integración e necesidades sociais 2018.
O VIII Informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social en España é o informe sobre o camiño que parece seguir a nosa sociedade desde o último cuarto do século pasado ata o ano 2019, as brechas que nos últimos tempos ameazan con romper ese camiño e as encrucilladas ante as que se atopa situada actualmente.

Uso problemático das TICs e adicións sen sustancia

Os resultados obtidos ofrécennos unha información moi valiosa para coñecer a situación actual dos adolescentes dos Grupos Scouts en relación ao uso das TICs e a información que manexan sobre as adiccións sen substancia.

Informe Violencia Game Over

Mediante o xogo interactivo “Last Escape” os mozos e mozas constituen un videoxogo da “última escapada” da violencia, a través del os menos e nenas piden actuar para previr e evitar a violencia contra a infancia.

Guía para a mellora do clima escolar nos centros educativos

Trátase dun caderno integrado nas accións do programa Educación en Dereitos de UNICEF Comité Español, que profunda sobre como xerar un clima escolar que favoreza a incorporación dos valores recoñecidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.

A elaboración da historia de Vida

Co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España, a Fundación Meniños elaborou este traballo encamiñado a intervir con nenos e nenas en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, coa finalidade de abordar de forma reparadora a súa historia de vida, atendendo ás súas necesidades e ás dificultades vividas a través de material e metodoloxía específica, que axude a amortecer o dano que a desprotección lles produciu.

A participar apréndese participando. Guía metodolóxica sobre dereitos da infancia

A participar apréndese participando, é unha Guía metodolóxica deseñada especialmente para educadores e educadoras ou outros profesionais que traballan directamente con nenos e nenas e que buscan alternativas diferentes para profundar no coñecemento dos seus dereitos, especialmente naqueles dereitos relacionados co seu dereito a participar.

Acollemento familiar de menores. Guía para profesionais dos servizos sociais

Esta guía axuda a orientar as actuación dos Equipos Técnicos do Menor coa finalidade de contribuír á difusión e informar con claridade ás familias, tanto ás biolóxicas como ás acolledoras sobre en que consiste o acollemento familiar.

Impacto da violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes. Guía de intervención.

Trátase dunha guía dirixida á problemática dos nenos, nenas e adolescentes vítimas de contextos de violencia de xénero. É un instrumento de traballo que axuda a orientar a intervención técnica con estes nenos e nenas coa finalidade de reducir o impacto da violencia de xénero sobre os mesmos e romper o círculo da violencia que se perpetúa ás veces, ao longo das xeracións.

Diversidade sexual nas aulas: Evitar o bullying ou acoso

Ao longo destas páxinas estúdase que é e como se manifesta o acoso escolar homofóbico, tratando de establecer algunhas pautas para combatelo. Constitúe un fenómeno complexo, arraigado en patróns culturais moi ben asentados, pero hoxe en día é posible atallalo.

Participar tamén é cousa de nenos. Guía didáctica para o profesorado

Co apoio da Generalitat Valenciana, UNICEF e de Save The Children lanzaron unha guía didáctica dirixida a profesores e mestres que traballan con grupos de nenos e nenas de 9 a 16 anos. Así mesmo, os contidos propostos son facilmente adaptables a niveis superiores ou inferiores.