POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Canle ética
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Canle ética
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S
Novas, Participación infantil

A Valedora do Pobo súmase á reivindicación do dereito á participación da infancia

27 noviembre, 2023
By POIG
0 Comment
751 Views

Dentro dos actos promovidos pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia polo Día Universal da Infancia

  • A sede da Valedora acolleu hoxe un acto no que participaron o presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Xesús Vilas; a responsable de Participación Infantil da Plataforma de Infancia estatal, Mabel Taravilla; rapaces representantes do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA); e a propia Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño
  • Trátase dun dos catro principios fundamentais da Convención dos Dereitos do Neno, xunto ao de non discriminación, interese superior do neno e o dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento
  • O pasado luns 20 de novembro, con motivo do Día Mundial da Infancia, cerca de 200 nenos, nenas e adolescentes galegos fixeron uso deste dereito expoñendo as súas demandas nun acto na Cidade da Cultura organizado pola POIG en colaboración coa Xunta

Santiago de Compostela, 27 de novembro. A Valedora do Pobo sumouse hoxe á reivindicación do dereito á participación infantil nun acto, promovido pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), que tivo lugar na sede da Valedora, en Santiago de Compostela. Na xornada, na que tamén participaron o presidente da POIG, Xesús Vilas; a responsable de Participación Infantil da Plataforma de Infancia estatal, Mabel Taravilla; rapaces representantes do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA); e a propia Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, manifestouse a necesidade de apoiar e seguir avanzando na procura deste dereito para todos os nenos, nenas e adolescentes.

Este acto atópase no marco das accións postas en marcha pola POIG con motivo do Día Universal da Infancia, no que se conmemora o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece una serie de dereitos para os nenos e nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito a xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e á discriminación, e a que as súas opinión sexan escoitadas.

Co gallo desta efeméride, a POIG, que aglutina a 37 entidades que traballan en favor da infancia, puxo en marcha unha campaña para visibilizar as necesidades das persoas menores de idade, nomeadamente as relativas á infancia en situación de vulnerabilidade. Neste contexto, o pasado 20 de novembro leuse no Parlamento galego unha declaración institucional elaborada de forma conxunta con UNICEF na que a POIG reclamou a necesidade de impulsar políticas que dean prioridade a preservación familiar.

Mabel Taravilla e mozos/as vagais do CAIA

200 nenos, nenas e adolescentes galegos alzaron a voz no Día da Infancia

Tamén o luns 20 de novembro, Día Universal da Infancia, cerca de 200 nenos, nenas e adolescentes galegos alzaron a súa voz para reivindicar os dereitos da infancia nun acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en colaboración coa Xunta e que tivo lugar na Cidade da Cultura. O obxectivo desde acto, ao que tamén asistiron a vicepresidenta da POIG, Mónica Viqueira, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey, foi darlle voz á infancia e adolescencia para que expresasen as súas propostas, facendo uso da participación infantil como dereito fundamental.

Os rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos e pertencentes aos CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos), Labarta Pose (Zas), Alborada (Coruña), Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), Carmelitas (Ourense) e Fundación Down Compostela, expuxeron as conclusións das actividades realizadas no proceso participativo que cada ano convoca a Plataforma de Organizacións da Infancia co obxectivo de que as opinións dos nenos e nenas sexan tidas en conta nas políticas públicas e que este 2023 desenvolveuse baixo o paraugas das problemáticas asociadas á pobreza na infancia. Co lema do acto As nosas opinións importan, os participantes agruparon as súas propostas en cinco ámbitos de actuación: bens de primeira necesidade, pobreza e infancia, ocio e cultura, educación e saúde.

Sobre a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha entidade que aglutina a 37 entidades co obxectivo principal da protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas do 20 de novembro de 1989.

No marco da participación infantil, a plataforma pretende incidir e promover espazos nos que os nenos, nenas e adolescentes galegos se sintan libres para opinar, facilitando que as súas demandas sexan tidas en conta nas políticas que máis lles afectan.

Tags: dereitos infancia infancia galicia participación infantil poig Valedora do Pobo

Previous Story
O Pleno do Parlamento galego le unha declaración institucional polo Día da Infancia
Next Story
Propostas de Infancia: eleccións autonómicas 2024

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • Cambios no certificado de familia monoparental en Galicia: máis vixencia, menos trámites e formato dixital miércoles, 14, Ene
  • Cara unha contorna dixital segura: directrices europeas para protexer a nenos, nenas e adolescentes miércoles, 7, Ene
  • A aplicación da LOPIVI segue sendo un reto catro anos despois da súa aprobación viernes, 19, Dic
  • Actos descentralizados polo Día da Infancia en Galicia, construíndo espazos para infancia e adolescencia lunes, 24, Nov
  • Nenas, nenos e adolescentes galegos toma a palabra no Día dos Dereitos da Infancia jueves, 20, Nov

Comentarios recientes



    Dirección: Belvís, 2 15703 Santiago de Compostela
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: secraetariatecnica@infanciagalicia.org

    Colabora

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

    Aviso de cookies
    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    miércoles, 14, Ene
    Cambios no certificado de familia monoparental en Galicia: máis vixencia, menos trámites e formato dixital
    miércoles, 7, Ene
    Cara unha contorna dixital segura: directrices europeas para protexer a nenos, nenas e adolescentes
    viernes, 19, Dic
    A aplicación da LOPIVI segue sendo un reto catro anos despois da súa aprobación
    lunes, 24, Nov
    Actos descentralizados polo Día da Infancia en Galicia, construíndo espazos para infancia e adolescencia
    jueves, 20, Nov
    Nenas, nenos e adolescentes galegos toma a palabra no Día dos Dereitos da Infancia
    viernes, 14, Nov
    25 anos dos Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMAS): acompañamento e boas prácticas en Galicia

    Welcome back,