A POIG presenta o Informe sobre os Dereitos da Infancia en Galicia na Valedora do Pobo

Con motivo do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia presentou o 19 de novembro o seu Informe sobre os Dereitos da Infancia en Galicia.
Presentacion Informe

Con motivo do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia presentou o 19 de novembro o seu Informe sobre os Dereitos da Infancia en Galicia.

Trátase dun informe elaborado polas 35 entidades membro da POIG, con colaboracións como as da Valedora do Pobo, ASEIA e CERMI, que pretende facer unha diagnóstico da situación actual dos dereitos da infancia e unha listaxe de temas pendentes para unha mellora no seu cumprimento.

O informe presentouse na Sede da Valedora do Pobo, nunha xornada de reflexión desde un enfoque de dereitos da infancia.

A xornada iniciouse coas exposicións de Javier Rey Ozores, Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de A Coruña e Elena Rodríguez, psicóloga. Ambos aportaron a súa experiencia sobre a situación da infancia e adolescencia vítimas de delitos sexuais, acoso escolar e saúde mental.

A Fiscalía aproveitou para ofrecer unha total colaboración coas entidades que forman parte da POIG e a todas as persoas afectadas para intentar dar respostas áxiles e adecuadas a estas situacións.

Sobre o abuso sexual infantil intrafamiliar, os datos rexistran un incremento significativo. Nos supostos de acoso escolar é de destacar que en moitos dos casos nos que se inicia un expediente de reforma, os centros escolares non habriran un protocolo educativo para a súa prevención e detección. De feito, non existe constancia do inicio de actuacións na Fiscalía a instancia dos centros educativos.

En ocasións este incremento atópase con coles de espera nos servicios de intervención para a atención ás vítimas da violencia sexual.

No caso das vítimas de acoso escolar, estas senten moitas ocasións culpa o vergoña.

En ambos casos, a cronicidade destas situacións agudiza o seu impacto nos nenos, nenas e adolescentes, ademais, obrigados a convivir e estar expostos diariamente á fonte de maltrato.

Referente ao informe presentado, Xesús Vilas, Presidente da POIG, destacou os aspectos máis relevantes do informe:

  • importancia de ter unha Lei de Infancia en Galicia
  • necesidade de avaliar a EGIA 2018-2020 e facer unha nova planificación
  • implementar a figura de Valedor/a da Infancia en Galicia
  • desenvolver máis mecanismos locais de participación infantil
  • e atallar o incremento das taxas de pobreza infantil.
Entrega do Informe sobre os Dereitos da Infancia á Valedora do Pobo

Neste senso, o informe destaca o escenario actual de postpandemia, o cal se presenta como crítica e con incertidumes, debendo concentrar os esforzos na prevención.

Neste contexto é relevante a inversións dos Fondos Next Generation da Unión Europea, con plan centrados centrados na reparación das consecuencias económicas e sociais da pandemia. Estes fondos, deben de estar dirixidos a mellorar o benestar dos nenos, nenas e adolescentes que máis sufriron a pandemia.

Tratouse dunha xornada que da pé a continuar con accións conxuntas entre a POIG e a Valedora do Pobo en defensa dos dereitos dos máis pequenos e pequenas.

#infanciagalicia #20N #ANosaVozOsNososDereitos

Compartir
Tabla de contidos