POIG
  • Menú
    • Novas
    • Incidencia
    • Recursos
    • Dereitos da infancia
      • Convención sobre os dereitos do neno
        • Convención sobre Os Dereitos do Neno – Texto oficial
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 6 a 8 anos
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 9 a 12 anos
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 13 a 17 anos
      • Protocolos facultativos da Convención sobre os Dereitos do Neno
        • Relativo a un procedemento de comunicacións
        • Relativo á venda de nenos, á prostitución infantil e á utilización de nenos na pornografía
        • Relativo á participación de nenos nos conflitos armados
    • BIBLIOTECA ONLINE
    • Participación
    • Faite Socio
    • Contacto
    • Obxectivos
    • Quen Somos
POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • En familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS DA INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • REDEIR@S
Novas

A Plataforma de Organizacións de Infancia urxe medidas para poñer fin á saturación do sistema galego de protección á infancia

9 octubre, 2023
By POIG
0 Comentario
2484 Views
  • Desde a plataforma reclaman un aumento dos equipos técnicos do menor; incrementar os recursos dos programas de preservación familiar e de acollemento en familia, así como os dos centros residenciais, e unha avaliación completa do sistema para detectar puntos críticos.
  • Segundo os últimos datos da consellería de Política Social e Xuventude, na súa “Estatística de protección de menores 2022”, 1.784 nenos, nenas e adolescentes en Galicia están en situación de tutela pola Xunta, mentres que a administración asume a garda en 488 casos.
  • Do total de nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección, 778 viven en centros de acollemento, mentres que os datos cifran en 1.236 os que están en acollemento familiar, dos/as cales menos do 25% supoñen acollementos en familia allea.

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) urxe medidas para poñer fin á saturación na que se atopa o sistema de protección, co fin de mellorar a situación dos nenos, nenas e adolescentes tutelados pola administración galega. En concreto, reclaman un aumento dos equipos técnicos do menor; incrementar os recursos dos programas de preservación familiar e de acollemento en familia, así como os dos centros residenciais, e unha avaliación completa do sistema para detectar puntos críticos.

Entre as carencias que pon de manifesto a POIG está a saturación dos equipos técnicos do menor da Xunta encargados de dar seguimento aos casos da infancia e adolescencia: segundo as estimacións da Plataforma, existen equipos nos que cada técnico ten que facer seguimento a 70 ou 80 expedientes, sendo as áreas máis saturadas A Coruña e Vigo. Por outra banda, denuncian que existe unha gran rotación, o que provoca que non haxa un seguimento continuo e de calidade.

En palabras de Xesús Vilas, presidente da POIG, “se ben a administración, coa que mantemos unha estreita colaboración, leva a cabo un importante traballo que se reflicte na evolución dos datos, consideramos que é indispensable tomar medidas urxentes para que a curto prazo se corrixa esta situación de saturación que non permite atender debidamente aos nenos, nenas e adolescentes de Galicia que están en tutela”.

Segundo destacan desde a POIG, débese apostar pola preservación familiar cando sexa o mellor para o benestar do neno ou nena e, cando é inevitable a entrada no sistema, polo acollemento familiar como principal medida para asegurar o dereito de todo neno e nena a vivir en familia. Sen embargo, o baixo número de familias acolledoras ten como consecuencia a alta porcentaxe de nenos, nenas e adolescentes que entran nos diferentes centros de acollemento residencial. Por este motivo, reclaman máis recursos para a preservación familiar mediante o apoio ás familias máis vulnerables con fillos e fillas a cargo, co fin de evitar a institucionalización dos mesmos e para programas que fomenten o acollemento familiar.

Xa dentro do sistema de protección, a ratio técnico/a por neno/as atendidos/as fai que un elevado número de nenos, nenas e adolescentes que están residindo en acollemento residencial á espera de medidas ou con medidas pouco axeitadas ás súas necesidades, vexan agravada a súa situación polo paso do tempo que repercute no seu desenvolvemento futuro, perpetuando a situación de vulnerabilidade.

De igual forma, as entidades colaboradoras coa administración en acollemento residencial padecen unha continua tensión. Os ingresos para a xestión dos seus recursos non se adaptan á realidade existente, resultando insuficientes para levar a cabo todas as actividades do día a día dos nenos, nenas e adolescentes. Esta tensión nótase nos equipos educativos, que rexistran constantes baixas e unha presión permanente que repercute nun empeoramento do clima laboral ao non seren capaces de dar unha resposta axeitada á infancia e adolescencia coa que traballan.

Saúde mental e condutas autolíticas

Adicionalmente, estes profesionais teñen que facer fronte ás novas realidades dos nenos, nenas e adolescentes que conviven nestes centros, tales como un alto porcentaxe en problemas de saúde mental, condutas autolíticas, usuarios/as estranxeiros/as con culturas e idiomas diferentes, entre outras. Este malestar por non poder dar resposta ás necesidades dos mozos e mozas, a prolongación das xornadas de traballo e o continuo estrés no acompañamento deriva nunha fuga de talento constante derivada da falta de recursos e da falta de actualización de salarios.

Propostas de mellora

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, solicitan as seguintes medidas coa finalidade de mellorar o benestar dos nenos, nenas e adolescentes máis desfavorecidos que se atopan no sistema de protección á infancia:

  • Incrementar o persoal dos equipos técnicos do menor da Xunta de tal maneira que a ratio sexa de 1 técnico/a por cada 30 nenos/as atendidos/as, mellorando as condicións laborais destes equipos con medidas que eviten a rotación do persoal.
  • Ampliar o financiamento das entidades que xestionan centros de protección de forma que conten cos recursos suficientes para proporcionar a mellor atención posible aos nenos, nenas e adolescentes, de forma que permita a actualización dos salarios e a elevación da ratio de atención a mínimo 2 educadores/as por cada 8 nenos/as.
  • Aumentar os recursos dos programas de preservación familiar que eviten a entrada no sistema de protección, sempre que sexa o máis aconsellable para o neno ou nena, e de acollemento familiar, para un incremento de acollementos familiares en familia allea.
  • Promover a avaliación do sistema de protección na súa totalidade, onde se visualicen os puntos máis críticos e se propoñan cambios eficientes e eficaces para que se cumpra a lei e mellore o benestar dos nenos, nenas e adolescentes máis vulnerables.

Radiografía dos nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección

Segundo os últimos datos da consellería de Política Social, na súa “Estatística de protección de menores 2022”, 1784 menores en Galicia están en situación de tutela pola Xunta, mentres que a administración asume a garda en 488 casos.

Por provincias, na Coruña hai 740 menores en situación de tutela e 248 en situación de garda; en Lugo, 203 en situación de tutela e 49 en situación de garda; en Ourense 195 en situación de tutela e 71 en situación de garda e, en Pontevedra, 646 en situación de tutela e 120 en situación de garda.

Do total de nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección, 778 viven en centros de acollemento, mentres que os datos cifran en 1.236 os nenos, nenas e adolescentes en acollemento familiar, dos/as cales menos do 25% supoñen acollementos en familia allea. A estas cifras hai que sumarlle 326 nenos, nenas e adolescentes usuarios/as de centros con atención de día.

Sobre a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha entidade que aglutina a 37 entidades co obxectivo principal da protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas do 20 de novembro de 1989.

No marco do sistema de protección galego, a plataforma pretende contribuír a unha mellora do sistema de protección mediante a reivindicación de melloras que repercutan directamente no benestar dos nenos, nenas e adolescentes que por unha causa ou outra atópanse tutelados pola administración no sistema galego de protección.

Tags: infanciaPrioridade sistemadeprotección

Anterior
Educo alerta que en Galicia as familias vulnerables poden recibir unha bolsa comedor (ou non) segundo o lugar onde viven
Siguiente
A Plataforma de Organizacións de Infancia presentou o seu Informe sobre Pobreza Infantil en Galicia

Entradas recientes

  • A Valedora do Pobo súmase á reivindicación do dereito á participación da infancia lunes, 27, Nov
  • O Pleno do Parlamento galego le unha declaración institucional polo Día da Infancia martes, 21, Nov
  • Nenos, nenas e adolescentes galegos expoñen as súas demandas na Cidade da Cultura polo Día Universal da Infancia lunes, 20, Nov
  • Con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar (2 de novembro), Educo denuncia as lagunas do coordinador de benestar e protección en Galicia, figura clave contra a violencia cara a infancia jueves, 2, Nov
  • A Plataforma de Organizacións de Infancia presentou o seu Informe sobre Pobreza Infantil en Galicia viernes, 20, Oct

Comentarios recientes

  • Jkvxwe en Mestrado en Desenvolvemento infantil e atención temperá
  • Adrianna en A Comisión Europea avisa a España: prioritario, reducir a pobreza infantil eo abandono escolar prematuro
  • Marita en A Plataforma de Infancia elabora un documento de recomendacións para unha desescalada que respecte os dereitos da infancia
  • Clemmie en A Comisión Europea avisa a España: prioritario, reducir a pobreza infantil eo abandono escolar prematuro
  • Angelagaids en Xornada técnica sobre atención temperá

FINANCIA:

COLABORA:

Dirección: Belvís, 2 15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 747 491 242
E-Mail: poig@infanciagalicia.org

Copyright ©2019 Created by PEstudio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

Aviso de cookies
SearchPostsLogin
lunes, 27, Nov
A Valedora do Pobo súmase á reivindicación do dereito á participación da infancia
martes, 21, Nov
O Pleno do Parlamento galego le unha declaración institucional polo Día da Infancia
lunes, 20, Nov
Nenos, nenas e adolescentes galegos expoñen as súas demandas na Cidade da Cultura polo Día Universal da Infancia
jueves, 2, Nov
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar (2 de novembro), Educo denuncia as lagunas do coordinador de benestar e protección en Galicia, figura clave contra a violencia cara a infancia
viernes, 20, Oct
A Plataforma de Organizacións de Infancia presentou o seu Informe sobre Pobreza Infantil en Galicia
lunes, 9, Oct
A Plataforma de Organizacións de Infancia urxe medidas para poñer fin á saturación do sistema galego de protección á infancia

Welcome back,