A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia asiste á Asemblea da Plataforma estatal
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia asiste á Asemblea da Plataforma estatal A presidenta da a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Mónica Viqueira, xunto coa directora da organización, Inés Salteiro, participaron o pasado 9 de maio na Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma de Infancia estatal.
Durante o encontro, aprobáronse as contas e o informe de xestión de 2023, así como o Plan Operativo Anual 2024 e o Orzamento 2024. Tamén houbo ocasión de crear espazos de reflexión e discusión conxunta, orientados a explicar a situación do Comité dos Dereitos do Niño, presentar a actividade do Día da Infancia e abrir espazos de reflexión e discusión sobre temas prioritarios para as entidades membro da Plataforma de Infancia.
Tras a Asemblea, tivo lugar un debate con candidatos e candidatas dos principais partidos políticos españois con representación no Parlamento Europeo.